blix



Concha Blanco: Boris e compañía
Ilustracións de Orballo

Col. Árbore, 132. Serie Laranxa. Ed. Galaxia. Vigo, 2005

Boris e compañía

Conta a voz infantil de Laura sobre a súa gata Boris, que lle tivo que regalar a un amigo polo súa alerxia. Con agarimo e tenrura refire os progresos na súa aprendizaxe: xa sabe levarlles as zapatillas aos da casa cando chegan, vai polo periódico -que lle ata o do quiosco a un cinto que leva na boca-, ou dálle as prendas á mai de Artur cando vai con ela tender a bogada e mesmo ve as películas de Walt Disney co rapaz. Ao principio levábana atada cunha correa por mor do perigo de cruzar as rúas, pero xa é capaz de ir soa ao parque para afiar as uñas nas árbores e xogar con outros gatos. Aínda que un día desaparece e tarda en volver, coa conseguinte angustia dos rapaces, levemente mancada. Para que non se perda cólganlle unha chapiña co seu nome e número de teléfono.
A última desaparición obedece a outra razón ben distinta: vai parir tres gatiños ao trasteiro. Pero os maiores, sempre coas súas complicacións, non llelos deixan ver aínda porque teñen os ollos pechados. Mentres, agardan con ilusión a que chegue ese momento.

92 p. - 20x13 cm.                                                          ISBN    84-8288-782-3



.  
RECENSIÓNS

  .  Sensibilidade cos animais - Faro de Vigo



Opinion