|
Concha
Blanco: Boris |
![]() |
Conta a voz infantil de
Laura que ten unha gatiña pequena como un bebé á que lle
puxo o nome do grilo dun conto, Boris. Tróuxolla, vestida con chaleque e
polainas, Lula, unha amiga da súa nai. Cando lle quitou a roupa,
sentiuse liberada, aínda que ás veces vístea como se fose
unha boneca e xoga con ela: é o seu mellor xoguete. Un pouco diferente,
iso si, pois bebe dunha forma ben curiosa que a rapaza non dá imitado.
Mesmo lle gustan as salchichas. |
|