blix



Antonio García Teijeiro: Bolboretas no papel
Ilustracións de Fino Lorenzo

Col. Ala delta. Serie Azul, 20. Tambre. Vigo, 2008

Bolboretas no papel

Colección de versos co protagonismo común das bolboretas, que voan coñecendo o planeta, libremente, míranse fermosas no espello e cando perden o nariz séntense raras, porque senten amor por un pimpín... Cantan e encontran eco nos merlos. Son como folerpas de neve caendo, segundo as debuxa a pega rabilonga. Habitan un país lírico no que cada un fai o que lle peta: o sol anda en bicicleta e o soldado de chumbo perde o seu fusil, o gato ten tres ollos e un vello capitán dispara bicos de paz cun canón de manteiga. E viaxan onda os poetas: bailan con Lorca, andan entre as árbores de Iglesia Alvariño, fan versos con Manuel María, móvense polo ceo azul con Celso Emilio, fan limmericks en homenaxe a Edward Lear e son compañeiras da auga con Antonio Machado.
E, sempre, son música, como se as palabras do poeta tivesen ás.

56 p. - 20x13 cm.                                                        ISBN    978-84-92404-13-1



Opinion