|
Anxela Gracián:
As bolboretas douradas |
![]() |
Narración
fantástica estructurada en catorce capítulos, que ten como
protagonistas a María Bolboreta, Xan Bolboreta, Lume Bolboreta e a
raíña Alendai, todos eles habitantes do mundo fantástico
do Prado das Herbas Asubiadoras. Neste prado edénico as bolboretas
douradas conviven coas plantas, ás que lles extraen o néctar e
coas que teñen unha relación que se rexe por unhas canles moi
próximas ás do amor cortés medieval. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1999 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Coordinación: Mª Isabel Soto López. Catalogación: Pedro Lucas - Biblioteca "Nova 33" Col. Guías culturais, 22. Dirección Xeral de Promoción Cultural. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 2001 |