blix



María Solar: Boa Sorte
Ilustracións de Xosé Tomás

Col. Meiga Moira, 13. Baía Edicións. A Coruña, 2008


Boa Sorte

Aínda que naceu con moi mala sorte, de cu e unha noite de treboada tal que mesmo se foi a luz, ao protagonitas da historia os pais puxéronlle de nome Boa Sorte. Sucéderonlle logo outras desfeitas, mesmo o día da comuñón, cando os tiveron que sacar a todos en helicóptero porque a igrexa estaba rodeada de auga logo de caeren chuzos de punta. Boa Sorte soubo así que a súa mala sorte estaba relacionada coa chuvia e aprendeu sobre os fenómenos meteorolóxicos: a néboa, a sarabia, as treboadas..., e que cando hai lóstregos un non se pode refuxiar debaixo das árbores. Por iso un día de treboada, cando viu a uns rapaces baixo dunha árbore, foinos sacar de alí, antes de que un lóstrego fendese a árbore en dúas. Entón soubo que lle rematara a mala sorte. E da man da Meiga Moira aprende sobre as clases de ventos ou de velas, a facer un papaventos, ditos sobre o tempo, e mesmo ler unha entrevista co home do tempo.
O libro, concibido con grande dinamismo visual, combina unha primeira parte literaria con outra de presentación amena de coñecementos da man do personaxe da Meiga Moira, buscando a divulgación científica dun xeito lúdico.

64 p. - 20x12 cm.                                                   ISBN    978-84-96893-30-6



Opinion