blix



Paula Carballeira: Boas noites
Ilustracións de Noemí López

Col. Biblioteca Dramática Galega, 4. Edicións Xerais / IGAEM. Vigo, 2007
I Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2006

Boas noites

Os pais de Xiana, unha rapaza de dez anos, queren o mellor para ela: que sexa a máis lista e a máis guapa. Por iso lle enchen o día de actividades: ir á escola, aprender inglés e baile, facer deporte... Pero ela só quere xogar. Así, pola noite, cando Pedro Chosco intenta convencela de que durma, ela négase pois ten medo a perder o tempo, que necesita para xogar. Só durmirá logo de que el a leve canda si a impedir que un monstro fedorento moi educado, a muller do Home do Saco e outros seres consigan que os nenos e nenas peguen no sono. Coa súa axuda, os pais convéncense de que terán que deixala enredar máis.
Peza de teatro na que a música e o humor comparten escenario cos seres do imaxinario infantil en clave lúdica.

80 p. - 22x15 cm.                       ISBN    978-84-9782-577-1 / 978-84-453-4391-3



 materiais    .  Proxectos de Animación á Lectura - Edicións Xerais (.pdf)



Opinion