|
Conta un bebé de 14 meses do seu andar
pola rúa coa súa mai, María, de 18 anos, soa no mundo pois
nin os tíos cos que vívía nin o mozo a aceptaron co fillo.
Come na Cociña Económica e dorme no albergue para pobres das
monxas. Ninguén ten traballo para ela. Entretense ollando o escaparate
dunha tenda de antigüidades na cidade vella da Coruña, onde
sorprende a un ancián deixando en empeño unha lámpada
vella. Logo, na rúa cóntalle a Toñito, de 10 anos, o fillo
da dona, que vén de deixar na tenda unha lámpada máxica.
Ester e o rapaz fregan nela, pero non aparece ningún trasgo. Non lle
vai ben tampouco á familia da tenda: Ester sospeita que van ter un
terceiro fillo agora que o home, Antonio, despídese do traballo nunha
empresa de productos químicos que contamina o río
conscientemente: non quere ser cómplice de tal atentado contra a
natureza. E na tenda a penas venden. Menos mal que, finalmente, non se confirma
o embarazo. Todo cambia unha tarde, cando nun descoido de Ester a mai deixa
o bebé onda a lámpada e lisca. Lévano para a casa e comeza
a actuar, cumpríndose os desexos da familia, que o bebé fai seus:
aparecen as chaves do coche de Antonio sen quedar mal a filla, Raquel; unhas
señoras de excursión ás que lle cae simpático
compran como nunca antes na tenda; non expulsan a Toñito do colexio por
intentar roubar un exame gracias a que lle cae ben o bebé á
mandona muller do director; unha escapada pola rúa no andador propicia
que Raquel coñeza a un rapaz ben mellor que o seu impresentable
mozo. Pasaron dous días. María, triste, vén reclamar o
fillo, pero Ester nega telo recollido. Aínda que logo, arrepentida,
vaino entregar á comisaría, onde co seu gatear fai posible que se
atopen Antonio e un vello amigo que lle ofrece traballo, e tamén a
María. Todo está solucionado. ¡Ata Toñito saca boas
notas no colexio! E o bebé máxico volve coa mai. Ao
día seguinte o vello recolle a lámpada na tenda: xa fixo o seu
traballo e agora vailla levar a outra familia que a necesite. |