blix

autor         ·         lector         ·         colección         ·          xénero         ·         ano



An Alfaya: O baúl de Wensel
Ilustracións de Irene Fra

Col. Árbore, 110. Serie Verde
Ed. Galaxia. Vigo, 2000

O baśl de Wensel

O protagonista desta novela é Max, un cativo de sete anos que pasa as vacacións de verán nunha vila mariñeira e que se caracteriza pola súa curiosidade e desexos de saber. É por isto polo que se introduce nunha tenda de antigüidades rexentada polo vello Wensel, inimigo declarado dos nenos, dos animais e dos curiosos. Xa no interior, Max asiste atónito á conversa de Wensel e Ulises e consegue saber onde garda o vello tendeiro os seus máis prezados tesouros. Gracias a esas averiguacións, o neno entra no baúl da fantasía e atopa monicreques viventes, o Paxaro Lúa e o Paxaro Sol, ademais dun cabaliño de Cristal. Con eses seres fantásticos vive aventuras inimaxinables e, no remate, descobre que todo fora un soño, xa que o anticuario pechara tempo atrás.

76 p. - 19x14 cm.                                                          ISBN    84-8288-360-7



linha

Gálix: A nosa literatura infantil e xuvenil 2000
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Col. Guías culturais, 26. Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) - Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo - Dirección Xeral de Promoción Cultural. Santiago de Compostela, 2002



Opinion