| Ramón
Caride: O bastón dos desexos Ilustracións de Manuel Uhía Col. Camaleón. Serie Laranxa, 24. Planeta&Oxford Barcelona / San Fernando de Henares, 2008 |
|
Había unha
vez catro amigos na cidade de Animalandia: o bacoriño
Manporquiño, Murrigato, o gatiño pequeniño, Caracol Col, o
caracol lambón, e Murrato, o ratiño pillabán. Un
día que os pillou unha tronada no monte, atoparon o anano Catuxo, que
como é meigo empequeneceunos e acolleunos dentro do seu cogomelo. Son
algo trastes: cando foron de excursión á cidade dos homes, no zoo
liberaron da canceira a todos os cans que alí estaban pechados. Outro
vez que foron ver unha película dun bastón máxico, ao
saír atoparon un igualiño, con puño en forma de cabeza de
parrulo, que fregaron como no filme e cando o caracol pediu o desexo de ir ao
cabo do mundo de pronto atopáronse no mar, co bastón convertido
en barco, pero sen leme nin remos, polo que envorcou ante as ondas grandes pois
había tronada, mais eles conseguiron quedar sobre o casco. Apareceu unha
balea comedora de madeira, que os remolcou, agarrando o rabo do gatiño
coa boca, deica unha praia de Australia, para despois poder comer o barco no
que ían. Apareceulles alí un canguro alto como un edificio de
oito pisos que lles ofreceu traballar no circo para pagarse a viaxe de volta en
avión. Levounos na súa bolsa marsupial e actuaron durante
máis de cen días con gran éxito, de trapecistas e
pallasos. |
|