blix



Ana Mª Fernández: Bastón, Bombín e Bombón
Ilustracións de Luís Ben

Col. Sotelo Blanco Infantil e Xuvenil, 40. Serie A máquina de escribir
Ed. Sotelo Blanco. Santiago de Compostela, 2000

Bastón, Bombín e Bombón

A araña Fiaña observa abraiada como saen dunha caixa no cuarto escuro do concello un Bastón e un sombreiro de Bombín. Guiados polo rato Bombón, saen á rúa.
Comezan entón as súas perigosas aventuras pola cidade. Primeiro no comercio dun curioso anticuario, que consegue venderllos a un conde. No castelo, saben por un Plumeiro e unha Vasoira que están no mes máxico de todos os anos bisestos, cando os seres inanimados cobran vida, que poden conservar facendo unha boa acción. Cansos de estar colgados na parede en exposición e andar a furto na noite, escapan agachados no fantasmal abrigo dun bisavó do conde.
Durmidos onda un río, descóbreos un pescador e lévallos de agasallo ao seu neto, que os tolea xogando a golpes con eles. Mesmo usa a Bastón como cana de pescar. Fuxindo dos seus malos tratos, van parar a un circo. Explotados polo soberbio domador, que utiliza a Bastón contra os tigres e leóns, liscan de novo. Bastón busca traballo na cidade pero non lle vai moito mellor: bate cunha cuadrilla de bastóns pegadores e logo intenta dirixir o tráfico imitando a un garda municipal. Ata que atopa a Pancho, un rapaz que librara aos outros dous do lixo e lles consegue un traballo digno: onda dous músicos / pallasos de rúa. Ademais, na chabola hai chocolate para Bombón.
E como fixeron a boa acción axudando a dous que os necesitaban, nunca máis volveron ao mundo dos seres inanimados. Por certo, Fiaña, levada polo nordés, tamén se instalou na chabola con eles.

104 p. - 20x13 cm.                                                                ISBN    84-7824-357-7



Opinion