|
Nun reino nalgún lugar das grandes estepas
vivían un tsar e unha tsarina con tres fillos: Igor, Borís e
Alexis. Para decidir o seu herdeiro, o Tsar propúxolles,
consecutivamente, tres tarefas: traerlle a máis fermosa alfombra, o
molete de pan trigo máis saboroso e casar coa muller máis
fermosa. En cada unha delas resultou vencedor Igor, o primoxénito,
gracias á colaboración dos sapos dun pozo do xardín do
pazo, fronte á filla dun rico comerciante e a irmá dun boiardo,
que colaboraron con cada un dos seus irmáns. Casado Igor coa fermosa
Basilisa, a princesa sapiño, a súa felicidade só se
vía turbada cando polo día ela recobraba a aparencia de anfibio.
Ata que unha noite lle queimou a pel de sapo, pero entón a princesa
converteuse en cisne e viuse obrigada a marchar, non sen antes dicirlle que a
podía atopar máis alá do país de Tres veces nove no
imperio de Tres veces dez na casa dun esqueleto. Con tres pares de zapatos
e tres caxatos de aceiro saíu el na súa busca. No camiño,
un ancián explicoulle que Basilisa era víctima dun meigallo do
pai, condenada a vivir tres anos como sapo, sinalándolle o camiño
para atopala: debía seguir unha pelota. Bateu logo cun oso, un pato,
unha lebre e unha maragota, pero non os comeu malia estar esfameado... Pola
avoa de Basilisa, a bruxa Baba Iaga, soubo que a vida do pai pendía
dunha agulla que estaba nun ovo, que estaba nun pato, que estaba nunha lebre,
que estaba nunha arca, que estaba nun carballo vixiado polo pai. E coa axuda
dos animais aos que antes el axudara recuperou a Basilisa, a quen bicou e con
quen foi feliz desde entón e para sempre. Reelaboración
baseada en diferentes versións a partir do conto popular ruso,
tamén recollido polos irmáns Grimm. |