blix



Xoán Babarro/Ana Mª Fernández: Barrigaverde e o dragón Achís
Ilustracións de Marina Seoane

Col. O Barco de Vapor, 21/ Serie Laranxa, 8
Ediciones S.M. Madrid, 1990
Premio O Barco de Vapor 1989

Barrigaverde e o dragón Achís

O monicreque Barrigaverde decide cambiar o seu espectáculo e ler as "Catro historias de oír e ver". Nun despiste róuballas do baúl de sete aldrabas o malvado Cauchonegro. Para axudarlle a recuperalas, os espectadores arman unha cabeza de dragón: é Achís, que só se identifica polo estornudo. E marchan voando os dous á busca de Caucho.
En terras dos viquingos, atopan nun coleccionista de runas cinco follas de pergamiño, as da 1ª historia: Rosaleda e Trebolindo coa axuda dun delfín conseguen deter unha guerra entre reinos e recuperar para o príncipe o trono que lle usurpara un rexente.
Aterran onda un baobab na selva. Axudan a un rapaz negro a facer volver os elefantes sagrados para a tribo e atopan na aldea outras cinco follas, que contan do país dos desatinos onde todo é desconforme. Ata a xente desenrola de modo diferente as partes do corpo. Uns aproveitados levaron algúns para exhibir no circo. Rescátaos o novo e solidario alcalde.
Na Tenochtitlan azteca atoparon as peles escritas coa historia do trobeiro Carlín, quen gracias a un cervo descubriu onde estaba a princesa, enfeitizada por un conde malvado aspirante ao trono de Cumicia. Cos seus versos guiou os pais a rescatala. E houbo voda co príncipe, encantado no cervo.
Na China, gañando nun concurso de papaventos coas habilidades de Achís, recuperaron a historia dun reino no que estaban prohibidas as armas e ante a invasión dos veciños venceron defendéndose con leite mazado, galiñas e canicas.
Conseguidas as historias, volveron Barriga e Achís e atraparon a Caucho, a quen os espectadores castigan a colaborar no teatro de Barriga. E tamén veu a fermosa dragoa Chin, que se incorporou ao espectáculo, co que decidiron ir polo mundo adiante.

112 p. - 19x12 cm.                                                             ISBN    84-348-3087-6



Opinion