blix



X. H. Rivadulla Corcón: A balada de Roi Nemiña
Ilustracións de Jaime Asensi

Col. Camaleón. Serie Azul, 14. Planeta&Oxford
Barcelona / San Fernando de Henares, 2007

A balada de Roi Nemiņa

Cando nun tempo esquecido, na Terra de Sisargas, naceu Nemiña, a súa avoa veu dende a Illa da Eterna Xuventude para comunicar a nova de que segundo os Espíritos do Mar o rapaz sería o salvador do seu pobo. Medrou, namorouse de Lúa e herdou a ferrería de seu pai morto cando a invasión da tribo inimiga dos Dirdam. Un día, logo de afogar no mar, os Espíritos Mariños concedéronlle o don de regresar, comezando unha nova vida co nome de Roi e esquecendo o seu pasado, para forxar a espada máxica que impediu que a tribo inimiga lograse coa vitoria militar a renuncia da súa xente á súa cultura e lingua. E como recuperou a memoria cando atopou na praia o colgante dunha lúa de pedra que lle dera Lúa como proba do seu amor, regresou ao castro de Moraima, onde atopou a Lúa e con ela casou.
Dende entón a Terra de Sisargas, posuidora da espada invencible, viviu un longo período de paz e a historia de Roi Nemiña foi narrada de xeración en xeración.


176 p. - 20x13 cm.                                                      ISBN     978-84-9811-104-0



Opinion