blix



Helena Villar: O avó de Pipa
Ilustracións de Mª Fe Quesada

Col. Altamar, 1. Serie Contos. Editorial Bruño. A Coruña, 1991

O avó de Pipa

O avó de Pipa vivía só moi lonxe, en Montañas Brancas, en plena natureza. Un día os pais da rapaza, desexosa de coñecelo, comunícanlle que se vén vivir á cidade para onda eles. Todo cambia entón no espacio familiar. Ata o loro Ismael, que recea que chegue co ancián un usurpador do seu territorio, acaba aceptándoo. Con el vén a boneca Tarnas (nome da raíña dos gnomos de Montañas Brancas), que ten que se adaptar a novos costumes e sofre as consecuencias do seu rir no colexio de Pipa ante a mestra disfrazada de pallasa cun rachón no seu corpo, "serrinando".
Como os pais de Pipa traballan, o avó convértese pouco a pouco no seu mellor compañeiro, preparándolle a comida e acompañándoa ao colexio. E ao coñeceren a dona Baia, viúva triste e soa, intégrana no grupo ata tal punto que cando o avó debe ir pasar uns días ás súas terras na primavera, reclamado polos gnomos, Pipa non volve quedar soa, pois xa ten tamén unha avoa.
Unha ampla proposta de actividades didácticas, habitual na colección, completa a lectura do texto.

176 p. - 19x12 cm.                                                               ISBN    84-216-1547-5



Opinion