blix

autor         ·         lector         ·         colección         ·          xénero         ·         ano



Alberto Avendaño: Aventuras de Sol
Ilustracións de Marifé Quesada

Col. O Barco de Vapor, 9. Ed. Galaxia /Eds. S.M. Madrid, 1986
Premio O Barco de Vapor 1986

Aventuras de Sol

Coxi vive co seu can Sol un día de aventuras no monte próximo á súa cidade. Neste territorio non tan idílico nada é o que parece: uns croios forman unha agresiva compañía marcial, outra pedra pártese soa para devolver un favor e o mordomo do misterioso pazo (que non castelo) se cadra non o é (¿ou serao?). Por iso o feroz Lobo Bolo non consegue asustar coas súas dez variedades de ouveos: malvive como fera única do Monte Lobeira gracias ao contrato cun mouro (pintado) especulador.
Os perigos axexan por todas partes ata chegar ao Pasadizo Secreto. Menos mal que o propio lector cos seus amigos pode saber cómo conxuralos. E que a Bruxa Cuxa actúa eficazmente coa súa sabedoría nada evidente. (Por certo, ¿que dirán os rumorosos?)
De sorpresa en sorpresa, entre xogos verbais, chegamos ao último xogo, que se inclúe como apéndice no propio libro.

128 p. - 19x12 cm.                                    ISBN    84-348-2080-3 / 84-7154-558-6



Aventuras de Sol . Alberto Avendaño: Aventuras de Sol
Ilustracións de Marifé Quesada


Col. Árbore, 35. Serie Verde
Editorial Galaxia. Vigo, 1991


Reedición noutra colección



104 p. - 20x11 cm.     ISBN    84-7154-778-3



Aventuras de Sol . Alberto Avendaño: Aventuras de Sol
Ilustracións de Carmela González Pintos


Col. Árbore, 35. Serie Azul
Editorial Galaxia. Vigo, 2004


Reedición con novas ilustracións



104 p. - 20x13 cm.     ISBN    84-8288-690-8



Opinion