blix



Xosé Vázquez Pintor: Asubío, Fina e Petra, xente moi lareta
Ilustracións de Andrés Meixide

Montaña Encantada. Serie Verde
Ed. Everest Galicia. León, 2006

Asubío, Fina e Petra, xente moi lareta

Peza de teatro en verso de acto único, escrita na súa primeira versión en 1975.
No espazo escénico conformado por unha horta de cores rechamantes, presenta o acróbata Xoubín un acontecido na antiga cidade branca de Megasoños, agora convertida en Megalópolis.
O avarento dono da horta ofrece os seus cabazos-globos, aos que non pode resistirse o Home Larpeiro, que sofre a broma de estouparlle nas mans. O merlo Asubío intervén para axudarlles ás mazás Fina e Petra, queixosas de que o sol non as madura, que tamén arelan ter ás e ir onda as estrelas amigas. O Home Larpeiro acéptalles, a cambio de poder probar a froita, o encargo de avisar ao dono da horta de que a fonte está morta, pois elas morren de sede. Mais o dono vén disposto cunha baloira a bater nestas irmás laretas, aínda que ten unha idea mellor: desfacerse da horta para erguer unha fábrica, que lle ha dar máis cartos. E así é. Ata que pechan a fábrica por fedorenta e el acaba pedindo esmola e recibíndoa da moza Fina.
A edición reserva un espazo moi destacado para o traballo de ilustración.

79 p. - 19x12 cm.                                                          ISBN    84-403-0525-7



Opinion