| Concha
Blanco: O aniversario de Ana Ilustracións de Elsa Liliana Vázquez Col. Infantil-Xuvenil. Serie Morada Alfaguara / Obradoiro. Vigo, 1997 |
![]() |
Ana cumpre dez anos e érguese feliz. Recibe un día máis o cariño dos seus pais e con eles prepara unha festa para os seus amigos. Pero o día depáralle a Ana un agasallo moi especial. Como saídos dun soño fantástico, Cincenta e o Gato con botas preséntanse na celebración e engaiolan ós nenos con novas versións das súas aventuras, converténdose para eles en personaxes inesquecibles que os farán para sempre amantes dos contos. |
|
|
A nosa
literatura infantil e xuvenil 1997 |