blix



Bruno Bernardo: Anélidos
Ilustracións de Mª Ánxeles Maldonado

Col. Merlín. Eds. Xerais. Vigo, 1994

Anélidos

Esta novela relata con detalle as aventuras do verme Ferf Ferf, que vive coa súa familia nunha mazá do bosque de Al Maldon. Ó longo dos dezasete capítulos en que se divide a obra, asistimos á transformación interior do verme protagonista, que pasa de se considerar un ser inútil e despreciable pola súa propia condición natural a se converter nun heroe. Entre estes dous cabos, distribúense as múltiples fazañas das que sae victorioso Ferf Ferf e que posibilitan a súa maduración.
Tódolos personaxes que aparecen nesta novela comparten co protagonista os pros e contras dun espacio habitado exclusivamente por animais humanizados.

136 p. - 13,5x19 cm.                                                          ISBN    84-7507-860-5



A nosa literatura infantil e xuvenil 1994
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 7. 1996



Opinion