| Antón
Cortizas Amado: Os amores de Bruno Ilustracións de Mª del Carmen Ferrín Prieto Col. Camaleón. Serie Laranxa, 23. Planeta&Oxford Barcelona / San Fernando de Henares, 2008 |
|
Bruno é da
cor do chocolate escuro, e vai á Escola do Arco da Vella, con outros
nenos de moitos países, de pel de tonalidades diferentes. Se cadra por
iso, porque se saben diferentes pero iguais no que importa, ser persoas e
amigos, lévanse moi ben. Cada un ten as súas teimas: un
compañeiro disgústase porque unha rapaza non se namora del, outra
escoita a auga caendo no medio do océano, hai unha que soña con
ser astronauta e viaxar unha noite de estrela en estrela, outro quere ser
cousas cousas imposibles e mesmo un día se incorpora unha rapaza verde,
doutro planeta, mais logo desaparece pois pouco tarda en medrar e facerse
invisible. |
|