| Xavier
Alcalá, Darío Xohán Cabana e Xelucho Abella
Touciño: Aí está o conto Ilustracións de Ánxeles Ferrer Col. Lagarto Pintado. Dirección Xeral de Cultura. Consellería de Cultura e Xuventude. Xunta de Galicia. Santiago, 1993 |
|
O primeiro relato, Sucinto informe, de
Xavier Alcalá desenvólvese nunha oficina de obras públicas
na que os desexos de ascenso dun subdirector fan que intente utilizar o
nepotismo nunha contratación para acabar co seu xefe. Pero un asasinato
relacionado co tráfico de drogas crúzase na rápida
reacción do director, quen, enteirado casualmente no retrete, vai
á obra e acaba provocando a morte por infarto do seu rival. |
|