blix



autor          ·          lector         ·         colección         ·          xénero         ·          ano



Xabier P. Docampo: Adelaida, Henrique e demais familia
Ilustracións de Xosé Cobas

Col. Árbore, 87. Serie Verde. Editorial Galaxia. Vigo, 1996

Adelaida...

Volume composto por un conxunto de pequenas historias estructurado en once capítulos titulados e un introductorio.
O papel de protagonista corresponde a Adelaida, aínda que tamén aparece o seu curmán Henrique e outros membros da familia e da vila na que residen.
Adelaida é unha rapaza esperta e intelixente, capaz de poñer en tela de xuízo algunhas das normas e pensamentos dos adultos como, por exemplo, a absurda prohibición de poñe-la roupa a clareo nos xardíns públicos. A súa intelixencia lévaa a descubri-la estratexia do narrador e mesmo a discutir con el ó final do libro, mostrando a súa disconformidade con algúns dos pensamentos e opinións que utiliza sen o seu consentimento. É que Adelaida, como se nos advirte na primeira páxina, "existe, é unha nena de verdade, unha nena coma ti, máis aínda: ¡ADELAIDA ES TI!".

96 p. - 21x12 cm.                                                               ISBN    84-8288-036-5



{short description of image} A nosa literatura infantil e xuvenil 1996
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" - Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 12. 1998



Traducciónslinha

Castelán Adelaida, Héctor y demás familia
Il. Noemí Villamuza - Trad. Pau Joan Hernández Fuenmayor
Col. Remos, 3. Ed. La Galera. Barcelona, 1998
104 p. - 21x11 cm / ISBN: 84-246-9206-3
Catalán L'Adelaida, l'Hèctor i tota la colla
Il. Noemí Villamuza - Trad. Pau Joan Hernández Fuenmayor
Col. Rems, 16. Ed. La Galera. Barcelona, 1998
167 p. - 21x11 cm / ISBN: 84-246-9116-4



Opinion