| Marica Campo:
Abracadabras Ilustracións de Xosé Vizoso Col. Arume de poesía para nenos. Ediciós do Castro. Sada - A Coruña, 2006 III Premio Arume de poesía para nenos 2005 |
|
![]() |
Conxunto
de poemas estruturado en tres partes. Na primeira presenta a cidade desde unha
visión tenra e humana das súas xentes e os seus elementos
representativos como o semáforo, a estatua ou a randea. Logo, aparecen
os animais domésticos ou do imaxinario infantil como o elefante ou o
morcego coas súas alegrías, sentimentos ou curiosidades. E na
última parte inclúe poemas dedicados ao seus tesouros
líricos, entre os que non faltan personaxes literarios como Pinocho ou
Peter Pan. |
|